Abril 2021
(máis…)
Nos meses de febreiro e marzo, os alumnos de 5 anos investigamos sobre o cinema, e gustamos tanto do cinema mudo que decidimos facer a nosa propia produción.
(máis…)Nos meses de febreiro e marzo, os alumnos de 5 anos investigamos sobre o cinema, e gustamos tanto do cinema mudo que decidimos facer a nosa propia produción.
(máis…)
O alumnado de Infantil está a traballar, no marco do proxecto SEMGAL, sobre diferentes mulleres importantes da nosa bisbarra e comunidade. O obxectivo é retratar a esas mulleres no muro do noso cole.
Os de 6º de Educación Infantil, ao descubrir a obra realizada polo concello que embeleceu o noso muro, ademais dos valores que transmite, escribíronlle unha carta a Marián Ferreiro, alcaldesa de Narón, para pedirlle axuda no seu proxecto, e poder continuar o mural incluíndo ás mulleres que coñeceron durante este curso: Rosalía de Castro, Chelo Loureiro, Ángeles Vilariño, Menchu Lamas…
A súa sorpresa foi enorme cando a alcaldesa se presentou no centro para ler a súa carta e poder escoitalos. Emocionáronse moito coa visita.
A situación que estamos a vivir este ano, marcada polas limitacións, non nos permitiu realizar cousas que eran habituais nas datas do entroido. Así e todo, non perdemos a ilusión, e a semana pasada celebramos, dentro das aulas, o noso entroido.
(máis…)
Este ano tamén celebramos, aínda que dunha forma diferente, o Día da Paz e da non violencia.
Pasámolo moi ben. Queremos compartilo con todas as familias.
Esperamos que o gocedes.
(máis…)