O 7 de febreiro, visitáronnos Bea e Katy, voluntarias de Manos Unidas; e Mary Cruz, misioneira desta mesma organización.
Todos os alumnos de 4º, 5º e 6º de Primaria fomos a esta reunión na biblioteca. Mary Cruz explicounos que hai moitos nenos e familias que viven nun mundo moi diferente ao noso.
Os nenos teñen tantas ganas de ir ao cole e aprender que percorren quilómetros descalzos, ou cruzan camiños abruptos para poder chegar.
Na casa tampouco gozan das mesmas comodidades que temos aquí.

Ademais, dixéronnos como é a súa vida alí. Non fan actividades extraescolares coma nós, senón que traballan para axudar ás súas familias.
Mary Cruz contounos que leva case corenta anos traballando de misioneira e que antes era mestra, pero decidiu cambiar de vida para axudar á xente.

Ensínanlles ás nais a facer e coidar unha horta, para logo comer ou vender os produtos. Tamén a cociñar con pouca variedade de alimentos, e a elaborar os seus produtos de hixiene coma o xabón.
O que máis nos sorprendeu foi que os nenos non teñen unha cama individual para durmir; tampouco xoguetes, e os que teñen, fabrícanos eles con material reciclado. Malia todo isto, son moi felices.
Nós estamos intentando colaborar vendendo “materiais de Manos Unidas” (axendas, bolis, pequenos xoguetes…) para gañar diñeiro e axúdalos.