Comeza o movemento!

Durante un trimestre investigamos sobre a Sostenibilidade e pensamos que poderiamos facer polo noso entorno. Chegou o momento de poñernos a traballar co noso contorno máis próximo, “O cole”.

Revisamos os corredores, o patio e as diferentes estancias e comprobamos que non había carteis que promoveran a reciclaxe e a súa importancia (unicamente dous no porche para a reciclaxe de pilas). Así que decidimos chamar a atención de maneira un tanto sorprendente para acadar a consecuencia positiva que esperamos.

Queremos que os nosos compañeiros tomen conciencia do uso do plástico. Se cada un reduce un pouquiño o seu consumo, o Planeta o agradecerao, e os seus habitantes en primeira instancia.

Este é o noso primeiro paso co que esperamos haxa un pouco de ruído e de “movemento“.

XUNTOS SOMOS MELLORES!

ANIMÁDEVOS!

Post relacionados