Estamos moi ilusionados co curso
Os nenos e nenas de tres anos enterámonos de que imos ter un amigo maior de 5 anos e que axiña nos coñeceremos.


Agardamos impacientes!
As nenas e nenos de 5 anos tivemos a nosa primeira sesión formativa. Sentímonos emocionados de ter un amigo especial de tres anos e asinamos, coa nosa pegada, o noso compromiso para cumprir todas as cualidades que teñen un bo titor e unha boa titora.





Comezamos!