Hai uns días organizamos un concurso de debuxo na clase. Necesitabamos un cartel para a porta da horta do noso cole. Saíron debuxos moi imaxinativos polo que foi moi complicado escoller, e decidimos que colaboraran todos os nosos compañeiros de primaria.











Dende aquí, graciñas a case os douscentos nenos que axudaron neste proxecto.
Aproveitamos, tamén, para traballar con esta actividade o contido matemático de reconto, organización e representación de datos.






E nada máis que darlle os parabéns á nosa compañeira Julia González Lázaro de 4º de primaria.