Convivencia positiva

Programa de habilidades socioemocionais e convivencia positiva

Os nenos de sexto de Primaria fixemos, durante todo o curso, obradoiros sobre temas moi importantes para as nosas vidas: o fomento do compañeirismo, a empatía (capacidade de poñerse no lugar dos demais), a resolución de conflitos. Todo isto énos moi útil tanto para a vida na escola como fóra dela.

Ademais, aprendemos a ser mellores persoas e a loitar contra o acoso escolar.

Outro aspecto fundamental destes talleres foi que aprendemos a reaccionar de forma máis racional, é dicir, menos agresiva e impulsiva. Isto último fixémolo co “bote da calma“, que nós, coa axuda de Raquel, fabricamos na clase usando cola, auga e purpurina. Tamén construímos un semáforo para identificar as reaccións vermellas, amarelas e verdes. Vimos uns vídeos sobre a estima e isto fíxonos reflexionar.

Pero a clase máis divertida foi a que tivemos, na pista de atrás da escola, os dous sextos xuntos con moitos xogos e dinámicas. Aínda que estivemos tan preto durante anos, descoñeciamos moitas cousas que esa tarde, mediante un xogo de bingo con preguntas, descubrimos uns dos outros. Foi moi moi divertido, moitos de nós temos as mans do mesmo tamaño e agora sabemos as cores de ollos dos nosos compañeiros. Non nos pararamos a pensar en moitos destes detalles.

Logo pasamos moitas probas entre as que estaban: compoñer diferentes letras ou formas no chan cos nosos corpos, ou grupos de diferentes tamaños. Foi moi moi divertido e enriquecedor!

Moitas grazas, Raquel!

Post relacionados

Origami modular – 6EPOrigami modular – 6EP

O alumnado de 6º de Primaria iniciouse no origami modular, e, aínda que ao principio lles custou aprender a facer un módulo correctamente (a uns máis que a outros), fixéronse coa técnica rapidamente e realizaron auténticas marabillas. Sei que algúns continuarán no verán porque esta actividade engancha ao tempo que relaxa. Tedes que estar moi orgullosos das vosas obras.

Parabéns a todos!

(máis…)