Os días 16 e 18 de outubro, os alumnos de 1º e 3º da ESO, que participan no programa TEI (Titoría Entre Iguais), viviron unhas xornadas emocionantes xa que, por fin, se coñecían titores e titorizados.

Os alumnos de 3º, titores, tras recibir un carné e un diploma acreditativo do seu papel fotografáronse cos seus titorizados, alumnos de 1º; e amosáronlles todo o seu cariño e acollemento.

Charlaron un pouco para coñecerse mellor, e o acto finalizou cunha foto de todo o grupo.

Estamos orgullosos e seguros de que todos desenvolveredes moi ben o voso papel!