Cantas habilidades!
Claudia é unha nena con moitas habilidades.
A primeira que nos amosou, como estrela da semana, a de contar contos.
Faino xenial!
O seu conto de “Os tres porquiños” foi moi entretido.
A segunda habilidade, a de bailar a súa buxaina luminosa.


Todos probamos.
Que divertido!
O que máis nos gustou… o seu quad!


Manéxao de marabilla!
Finalmente, bailou a súa canción preferida do “Cantajuegos”.

