Estrela: Pablo Saavedra

O paleontólogo!

O que máis lle gusta a Pablo é xogar cos seus dinosaurios.

A súa casa está cheíña e sabe moitos datos sobre eles.

Mesmo vimos como fai as súas escavacións na casa.

Foi ao Museo Jurásico de Asturias para aprender aínda máis deles.

Cando vai á casa do seu papá, coida dos paxariños que eles mesmos crían con moito coidado.

O seu papá tróuxoos á clase.

Foi divertido ver como voaban de cabeza en cabeza!

Post relacionados