“Donuts” caseiros, boísimos!
A Shania encántalle axudar á súa avoa a facer doces, pero, sobre todo, comelos.
Esta semana, acompañada da súa avoa María José, ensináronnos a facer donuts caseiros.
Primeiro, a masa: mesturamos o leite e o fermento, e deixamos repousar 15 minutos.
E, noutro bol, a fariña co sal, o azucre e a manteiga. Deixamos repousar unha hora.
[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]
E, despois, ao choio: probamos todos a estirar a masa cun rodete.
Por parellas fixemos varios donuts tomando como moldes un vaso e un tapón dunha botella de auga.
[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]
Logo había que fritilos en aceite e decoralos con azucre “glass”.