Finalistas do IX certame “Deseña unha xoia para a túa nai”

Felicitamos ás nosas alumnas Alba Seoane Díaz, de 5º A, e Jana Fernández Pérez, de 6ºA, por seren seleccionadas, de entre máis de 10.000 traballos, como finalistas do deseño dunha xoia para a súa nai.

A entrega de premios tivo lugar no Auditorio do CGAC (Santiago de Compostela), o venres 27 de abril.

[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]

Aínda que non resultaron gañadoras, fixeron un estupendísimo traballo e foron agasalladas cun diploma e bolsa cun debuxo da súa obra.

[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]

PARABÉNS ÁS DÚAS E A TODOS OS PARTICIPANTES!

Post relacionados