O pasado xoves 23 de maio, dous dos nosos alumnos de Educación Primaria: Iago Lago, de terceiro de Primaria e Iago Vidal, de sexto, recibiron o primeiro premio no concurso de debuxo ecolóxico ao que se presentaban numerosos colexios de Ferrol e Narón.
Na gala anterior aos premios, gozamos de cancións, interpretacións e moito humor, ademais de recordarnos que, a través de concursos coma este, debémonos concienciar do importante que é o Medio Ambiente, e por iso, é preciso coidalo.
Nós quixemos mostrar mediante a nosa arte que, aínda que a natureza pode ser moi fermosa, está en perigo e está nas nosas mans mellorar o seu futuro.
Estamos moi contentos porque fixemos un debuxo para mellorar o noso planeta e ademais gañamos un patinete “roller”.
Facer as cousas para o beneficio de todos sempre ten recompensa.