Queremos ensinarvos todo o que aprendemos as clases dos Arqueólogos e os Magos na excursión que fixemos á Granxa O Cancelo. Estade moi atentos!
Fixemos unha visita guiada por toda a granxa: Primeiro observamos as vacas.


Alí vimos como limpan as súas cacas… pero non vos preocupedes, porque as vacas saltan o obstáculo.
Tamén vimos as camas, que son de area, das vacas. Fánllelas tres veces ao día!


Dixéronnos que ás vacas múxenas tres veces ó día, porque dan moita cantidade de leite.
Poden muxir ata 14 vacas á vez!


Visitamos aos becerros e até nos até nos lamberon! A súa lingua é áspera como unha lixa!
Para repoñer forzas, fixemos un taller ben lambón. Elaboramos nós mesmos batido de fresa, plátano e chocolate coa leite das vacas… A ver se adiviñades cal nos gustou máis. E culminamos a visita deixando o padal ben doce cun bo xeado!

