Incorporación gradual dos alumnos para o curso 2020/21

1. O día 10 de setembro incorporarase o alumnado de  4º e 5º de educación infantil e 1º, 2º e 3º de educación primaria.
2. O día 11 de setembro 6º de educación infantil e 4º, 5º e 6º de educación primaria.
3. O día 23 de setembro 1º e 2º de educación secundaria obrigatoria.
4. O día 24 de setembro 3º de educación secundaria obrigatoria.
5. O día 25 de setembro 4º de educación secundaria obrigatoria e formación profesional básica.

Post relacionados

Lei do MenorLei do Menor

O pasado 4 de outubro persoal da Asociación ARELA (entidade galega que ten como misión fomentar o desenvolvemento integral da infancia e da xuventude de Galicia en situación de desprotección e/ou conflito social) impartiu, ao igual que en anos anteriores, unha charla sobre a Lei do Menor dirixida ao alumnado de 2º da ESO.

Esta actividade está contemplada no seu Programa de Prevención de condutas infractoras, denominado KTORCE-18, en alusión ás idades que abarca.