Inicio programa TEI

Un novo programa no centro para todos, Programa TEI, onde os nosos alumnos continúan sendo os principais protagonistas.

O TEI é un programa de convivencia para a prevención da violencia e o acoso escolar. É un programa institucional e implica a toda a comunidade educativa. Ten como obxectivo básico mellorar a integración escolar e traballar por unha escola inclusiva e non violenta, fomentando que as relacións entre iguais sexan máis satisfactorias e sempre orientadas á mellora ou modificación do clima  e á cultura do centro respecto á  convivencia, conflito e violencia (física, emocional ou psicolóxica).

Considera a participación activa dos iguais como elementos básicos do proceso de prevención e intervención en situacións de violencia e acoso escolar:

  • En Primaria, os/as alumnos/as de 5º curso son titores/as emocionais dos de 3º.
  • En Secundaria, os alumnos/as de 3º curso son titores/as emocionais dos de 1º.
  • En Infantil, os alumnos/as de 5 anos titorizan emocionalmente aos de 3 anos.

Comezamos coas sesións informativas e coa formación específica aos nosos titores.

 

 

Post relacionados