“Os inventos”

As aulas dos Magos e Arqueólogos xuntámonos en asemblea coa misión de descubrir por qué Aris deixou tantos obxectos raros para nós. Debatendo, observando e palpando aprendemos que son cousas antigas moi importantes, actualmente, na nosa vida diaria, pero que as utilizamos noutros formatos máis modernos. Son inventos importantes, que suscitaron moitas preguntas: Quen os inventou? Onde? Como?… xuntos resolveremos moitas preguntas.