Obradoiro BikeWorks

Para rematar o mes de maio, a mellor maneira de celebralo é cos nosos compañeiros e unha bici. Ademais, aprendemos uns consellos, da man do Club Clásico BikeWorks para leválos á práctica nas nosas próximas saídas… “O verán promete!”

Comezamos polo casco, accesorio importantísimo. Aprender a axustalo correctamente é fundamental para a nosa seguridade. Moitos de nós adoitamos levalo frouxo ou moi frouxo, isto en caso de accidente restaralle eficacia.

Antes de saír en bicicleta, é necesario revisar a presión das rodas, axustar correctamente a sela e o guiador, revisar os freos e que a cadea estea lubricada.

É moi importante non cambiar de marcha mentres “dás pedal”.

Fíxate no tamaño dos piñóns e non tanto nos números que tes no guiador, no momento de falar en cal estás, xa que éstes poden variar duns modelos a outros de bici.

Resulta moi práctico saber desmontar e volver montar a roda dianteira, por exemplo cando teñamos que transportar a bici no coche.

Realizar circuítos de habilidade e equilibrio axudarannos a mellorar o dominio e control na condución. Lembra utilizar os dous freos con toques pequenos e discontinuos.

Post relacionados

Origami modular – 6EPOrigami modular – 6EP

O alumnado de 6º de Primaria iniciouse no origami modular, e, aínda que ao principio lles custou aprender a facer un módulo correctamente (a uns máis que a outros), fixéronse coa técnica rapidamente e realizaron auténticas marabillas. Sei que algúns continuarán no verán porque esta actividade engancha ao tempo que relaxa. Tedes que estar moi orgullosos das vosas obras.

Parabéns a todos!

(máis…)