Os nenos e nenas de 4º de infantil, ademais de astronautas e piratas, tamén somos grandes chefs.

Primeiro, elaboramos receitas na casa, coas nosas familias, as cales catamos, despois, todos xuntos na aula.

Á semana seguinte, cociñamos na escola unha riquísima paella.

Os ingredientes: arroz, caldo, colorante, mexillóns e berberechos.

Non quedou nin un gran!