Papiroflexia e origami

Os alumnos de 5º e 6º de Primaria, como recompensa polo traballo realizado durante o confinamento, dedicaron a última semana do curso para facer traballos de papiroflexia (encartado de papel) e origami modular (módulos idénticos) para formar diversas figuras.

Esta disciplina ten moitos beneficios. Os máis importantes:

Incentiva a imaxinación.
Desenvolve a destreza manual e a coordinación.
Fortalece a paciencia e a constancia.
Mellora a memoria.
Agudiza a concentración visual e mental.
Axuda a comprender conceptos espaciais.
Reforza a autoestima.
Relaxa ás nenas e nenos.

Aquí vos deixo algunhas das marabillas que fixeron. Non sabía que tiña tantos artistas! Sorprendéronme gratamente!
Parabén a todos! Fixestes, sen dúbida, un traballo excelente.

Post relacionados

Calendario de matrícula 2022-2023Calendario de matrícula 2022-2023

  • Educación INFANTIL e PRIMARIA: Do 20 ao 30 de xuño
    • Alumnado de nova incorporación.
    • A formalización da matrícula é automática para o alumnado matriculado no centro durante o curso 2021 – 2022.

  • Educación Secundaria Obrigatoria
    • 1º ESO o martes 28 de xuño
    • 2º ESO o mércores 29 de xuño
    • 3º ESO o xoves 30 de xuño
    • 4º ESO o venres 1 de xullo