Parabéns a Éric e a Sonia

Un ano máis a Cadena Cope organizou o concurso infantil de debuxo ecolóxico.

Xa hai dezanove anos que se vén realizando.

Nesta convocatoria temos que felicitar a todo o alumnado que participou, pero en especial a Eric González Fernández e a Sonia Rodríguez Luaces, pois foron premiados na categoría de 3º e 6º de Educación Primaria.

O premio de Sonia tivo que ser recollido por súa nai, porque o alumnado de 6º estaba de excursión en Madrid.

A todos os alí presentes, no Pazo da Cultura de Narón, deleitáronnos cun espectáculo moi entretido, no que os nenos inventaron e protagonizaron o seu propio conto.

Post relacionados

Campaña Esquí 2019Campaña Esquí 2019

A Diputación Provincial da Coruña concédelle ao Concello de Narón 13 prazas para a participación na “Campaña de Esquí 2019”, na 3ª quenda (do 8 ao 11 de febreiro de 2019). Os interesados deberán entregar no Rexistro do Concello de Narón a ficha de inscrición con data límite do 10 de xaneiro de 2019.

(máis…)