Patios dinámicos II

Durante o curso pasado, implantamos os patios dinámicos. Trátase dunha estratexia metodolóxica pola inclusión, onde o xogo é o eixe central.

Resulta primordial que os nenos gocen deste espazo e tempo de lecer. Liberar tensións, relacionarse cos seus compañeiros e estreitar lazos de amizade facilita o seu desenvolvemento como persoas.

Na actualidade, continuamos o noso labor engadíndolle, os venres, “un toque musical”, movéndonos ao son de diferentes ritmos e coreografías.

Por todos son coñecidos os beneficios do baile; obtemos melloras na actividade física aerobia, pero tamén a nivel psicolóxico e emocional. Axúdanos a conectar cun mesmo e cos demais, xa que bailar é unha actividade social. Logra illar a mente dos problemas e preocupacións. Por último, é un gran aliado contra o sedentarismo e a obesidade. Ao ritmo dunha canción pegadiza, un sente que o corpo comeza a moverse só.

Así que . . . coidado que é contaxioso! ;-)

Post relacionados