Os alumnos de sexto participamos nunha iniciativa medioambiental promovida pola Corporación Masaveu e o Concello de Narón. Consistiu nunha charla e na plantación de árbores no paseo de Xubia.


Mentres esperabamos pola alcaldesa, Marián Ferreiro, e outros responsables da entidade, déronnos unhas camisetas. A continuación, tivemos algún tempo libre para brincar polo paseo.



Antes de comezar a plantar, escribimos os nosos nomes nunhas fitas de plástico, que puxemos nas árbores.


E, por fin, chegou o momento de pór en práctica os consellos do experto en xardinaría, e empezamos a plantar as nosas árbores.



Despois do estupendo traballo que realizamos, convidáronnos a xantar.
Estaba todo boísimo!


Moitas grazas á Corporación Masaveu e ao Concello de Narón!





































































































































































































































































