Programa TEI

Este curso 2023-24, continuamos a desenvolver o Programa TEI, participando o alumnado das etapas de Educación Infantil e Primaria.  

Este programa é recoñecido a nivel Nacional e recomendado polas últimas xornadas de formación ás que asistiron as coordinadoras dos proxectos de Benestar e do Equipo de Actuación contra o Acoso Escolar(ACAE). 

Este ano, comezamos no mes de outubro coas actividades formativas e informativas para titores/as e titorizados/as. 

 Durante todo o curso as actividades de cohesión estiveron relacionadas coa nosa liña de proxecto da Biblioteca “A volta ao Mundo”.  

Por exemplo, a actividade de cohesión en Nadal consistiu nunha Xincana, cada proba estivo deseñada nun lugar onde o noso alumnado tería que investigar parte do curso. A saída partiu da Biblioteca, onde un mapa esperaba aos grupos para dirixilos na súa volta ao mundo particular polo colexio. 

Outra das actividades que fixemos de cohesión, foron os intercambios de cartas entre titores e titorizados TEI, ou o envío de postais o día da amizade, este ano con formato de postais dos países que percorremos. 

A Biblioteca é centro das actvidades de formación TEI, así coma das de cohesión, utilizamos materiais diversos tanto libros como outros manipulativos coma a máquina de chapas. 

O alumnado deseñou un logo por parellas TEI que iría nas súas chapas, tamén elaboraron unha canción para a celebración do día do acoso escolar, que posteriormente gravaron e compartimos coa Comunidade escolar.

O alumnado titor, cada ano está máis comprometido en beneficio da Comunidade, non só atenden casos dos propios titorizados, axudan e solucionan verdadeiramente ben ao resto. Tanto no patio, coma nos corredores, podemos encontrar alumnado resolvendo de xeito asertivo.   

Unha novidade deste curso, foi o nomeamento mensual do titor ou titora TEI do mes, foi a nosa maneira de agradecerlles a súa impicación. 

Post relacionados