Protagonista: Ainhoa Espín

Adestradora de canciños

Ainhoa foi nosa protagonista da semana. Veu acompañada dos seus papás, Pedro e Maca; e do seu “osazo” Pandi.

Ainhoa é unha apaixonada dos cans. Ensinounos moitas fotos cos seus cans Kira e Dexter, e un vídeo no cal nos demostra que é unha boa adestradora canina.

[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]

Tamén nos trouxo a súa colección de cans de peluche. Cada un co seu nome!

E gustounos moito facer o noso propio cachorro. Para iso tróuxonos, para cada un de nós, un calcetín que enchemos cunha bolsa de plástico. Pegámoslle unhas orellas, unha boca, un colar de Goma Eva e uns olliños.

Quedáronnos preciosos!

[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]

Para rematar, houbo chocolatinas para todos!

Pasamos unha tarde “divercanina”!

[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]

Post relacionados