Alejandra demóstranos que é unha experta ciclista
Alejandra foi a protagonista na semana do 13 ao 19 de xanerio do 2020. Veu acompañada da súa nai Silvia.
Vimos fotos e vídeos das clases ás que vai Alejandra para mellorar coa súa bici. Que ben o pasan nesas clases!
Despois, ensinounos a súa bicicleta e nomeamos cada unha das súas partes. Tamén vimos que non só lle gusta andar en bici, senón que lle encanta facer deporte.
Velo en fotos ou vídeo é bonito, pero é mellor velo en directo; así que saímos fóra e vimos unha demostración de como Alejandra se manéxa na súa bici.
Ademais, tivemos a sorte de poder facer, cada un de nós, o circuíto na súa bici.
Moitas grazas a Alejandra e familia por unha tarde xenial!