O noso director de orquestra
Álex veu, á escola, acompañado pola súa nai Vero, o seu pai Suso, a súa madriña Cristina, e as súas curmás Mireia e Violeta.
Álex ensinounos moitas cousas dos instrumentos que tocan as súas curmás, e tamén dirixiu. Escoitamos o clarinete e a frauta traveseira. Aprendemos o material de que están feitos, como se montan e desmontan, as diferentes partes e a que familia pertencen.



Álex e a súa familia regaláronnos o noso propio instrumento musical. O tambor de bólas que decóramos, puxemos moi bonitos e que os personalizamos.




Tamén nos regalou unha bolsa con chupas e chocolate.
Que rico! Pasámolo xenial!









