“A nosa veterinaria”
Aroa veu coa súa familia e o seu can Cuqui para demostrarnos as súas grandes habilidades. A primeira, ser unha perfecta coidadora de cans. Cuqui foi adoptado por ela cando era pequeniño. É un can coxiño, pero iso non lle impide correr.


Outra grande habilidade é a cociña. Que bos estaban os bombóns que fixo! Tamén nos explicou como se fai a masa da pizza.



Finalmente, regalounos un precioso marcapáxinas para colorear, porque lle encantan os contos e porque o día do libro é o seu aniversario.



Grazas Aroa e familia por esta tarde tan divertida!