Pedaleando sen parar

Estabamos moi intrigados e a emoción foi máxima cando ASIER, o noso protagonista desta semana, apareceu pola porta da aula coa súa bicicleta.

A súa nai e máis el montaron un circuíto no patio. Asier fíxonos unha demostración do ben que sabe andar na bici, e despois… Deixounos intentalo a todos! Mesmo nos axudou persoalmente aos que non sabíamos rodar.

Gustounos tanto que rematamos nunha aperta colectiva.

A verdade é que… SOMOS UNHA PIÑA!