“Cámping e caravana”

A nosa protagonista, Blanca, na súa tarde de protagonista, coa súa caravana de Barbie e acompañada pola súa nai, contounos como se pasa o verán na caravana, nun cámping.

Coñeces novos amigos, andas en bici, xogas a polis e a cacos, e pola noite… Bingo!

Blanca e a súa nai ensináronnos a xogar ao bingo. Pasámolo fenomenal!

Moitas grazas por unha tarde superdivertida!