Música e chocolate
Carlota foi nosa protagonista esta semana. Que ganas tiña! Case todo un curso agardando este día. Veu acompañada da súa mamá Lola e do seu papá Pedro.
Ensinounos os seus peluches favoritos, que son cachorros. Bimba, e o seu inseparable Óscar.
Tamén nos explicou que lle encantan os traballos manuais, e tróuxonos unha mostra.
[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]
Demostrou que se lle dá ben cantar. E fíxoo fenomenal cunha canción de Adele.
Pero as “piruletas” de chocolate, que nos preparou coa axuda da súa mamá, gustáronnos moito!
Primeiro, derreteu no microondas o chocolate mesturado con manteiga.
A continuación, coa axuda dunha manga botáronnos un pouco enrriba dun papel de forno; estirámolo, puxémoslle adornos de azucre de cores; e, por último, á neveira un ratiño.
E este foi o resultado.
[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]