Protagonista: Dani Rey

Un gran controlador aéreo

 Todos sabiamos que Dani é un apaixonado dos avións, pero ignorábamos que tamén é un experto construíndo aeroportos, polo que, coa axuda da súa mamá Ana, montounos na aula un precioso.

Comprobamos que ten unha gran imaxinación, e que vai pola casa recollendo obxectos que lle poidan servir para ampliar o seu aeroporto.

Mostrounos a súa colección de avións. Os que máis lles gustan: un que lle trouxeron os Reis, e outro que lle comprou o seu papá e que ten luz e son.

Demostrounos o que sabe sobre as distintas compañías, e ensinounos un vídeo duns avións despegando. A súa mamá contounos que moitas fins de semana van ao Aeroporto de Coruña para velos.

[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]

Dani será, sen dúbida, un gran Controlador Aéreo.

[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]

Post relacionados