Un gran xogador de paddle
Hugo, o protagonista da pasada semana, acompañado pola súa mamá, Sandra, e pola súa irmá, Blanca, compartiu con nós a súa habilidade para os deportes, en especial o paddle.
Primeiro, amosounos un vídeo-resumo da súa vida: os seus gustos, amigos…
Despois, fomos ao patio, e alí ensinounos o ben que xooga ao paddle.
Tamén participamos en varios xogos moi divertidos.
Por último, repartiunos cadansúa medalla e unha galleta coa forma da súa pa.
Grazas Hugo e familia por unha tarde tan divertida!