Karateca e lambón
Esta semana HUGO foi o noso protagonista. Veu cos seus pais Javi e Luz, que nos explicaron a maior habilidade de Hugo: SER NENO.


Para demostralo, trouxeron unha chea de fotografías, onde nos ensinaron como goza comendo, xogando, disfrazándose…
Hugo, acompañado de Antonio, amosounos o ben que se lle dá o Kárate.
Mostráronnos os saúdos de cortesía.
E pasámolo xenial facendo unha chea de xogos: carreiras de cabalos, troncos rodantes…


…polbos nas rochas, ou o mundo ao revés.


Por último, quixo compartir connosco a sua paixón: O chocolate!
Foi unha tarde “superdivertida”.