Un experto en insectos
Esta semana Hugo foi o noso protagonista. A súa habilidade e atopar bichos. Por iso, el e a súa nai, Ángela, viñeron cargadiños de insectos para ensinárnolos.
Descubrimos que sabe moito sobre estes seres vivos, e alucinamos coa súa colección. Presentounos a “patas fracas”, unha araña que “adoptou” por un par de días.


Despois, saímos ao patio a buscar insectos… Pasámolo xenial! E Hugo decidiu liberar a “patas fracas” porque o mellor é que viva en liberdade.



Por último, probamos unha torta deliciosa feita por Hugo coa axuda da súa nai, pois de maior quere ser cociñeiro e xa vai a clases de cociña… Augurámoslle un bo futuro, xa que a torta estaba boísima!