Tradicións e xogos

A semana do 30 de Xaneiro ao 5 de Febreiro foi protagonista Julia Pérez.

O mércores desa semana veu acompañada do seu pai Xan.


A Julia dáselle moi ben todo o relacionado co folclore galego. Primeiro, tocou un pouco a pandeireta e cantounos unha canción galega; e, despois, acompañada da súa amiga Julia A. fixéronnos unha demostración de baile galego.

Que ben bailan!

Despois do movemento, volvemos á calma xogando ao famoso Quen é Quen. Dividímonos en dous equipos e botamos un par de partidas.

Que risas!

E que sorpresa tan agradable cando Julia nos ensinou o que preparara en casa coa súa mamá Paula.

Que ricos que estaban!

Para terminar unha mañá tan divertida Xan demostrounos o hábil que é facendo figuras cos globos.

Que pasadaaaa!

Moitas grazas.