A nosa artista!

Laura veu, á escola, acompañada pola súa nai Maripaz, o seu pai Benito e a súa irmá Lucía.

Ensinounos un vídeo con fotos de cando era pequena, da súa familia, das súas viaxes, afeccións e habilidades.

A Laura encántalle bailar e gozamos xuntos bailando unha coreografía feita por ela.

     Pero o que máis lle gusta son os mtraballos manuais e amosounos algunhas cousas que realiza na casa. Ensinounos, xunto coa súa irmá, como se fai un cofre de tesouros pirata paso a paso.

Deunos un para cada un de nós e puidemos decoralo ao noso gusto.

Que divertido! 

E dentro atopamos unha sorpresa!

Moitísimas GRAZAS!

Pasámolo xenial!