Un bailarín de primeira
O noso protagonista desta semana foi Leo. A súa habilidade é bailar, e o que máis lle gusta son as cancións do Combo Dominicano. A súa nai Laura díxonos que nas festas baila continuamente. E, por suposto, na aula, todos bailamos canda el!


Tamén lle gustan os súper heroes, como ao noso compañeiro Bruno, e colecciona máscaras.


O seu pai Carlos trouxo a súa bici. Hai pouco que Leo aprendeu a rodar sen rodiñas. Quixo ensinárnolo. Que ben!
Para rematar, xogamos co seu “pompeiro”.