Protagonista Lucas

Coas mans na terra

Lucas foi protagonista da primeira semana de marzo. Estivo acompañado polo seu papá Isma e a súa mamá Lorena.

Lucas ensinounos un mural no cal nos explicaba os seus gustos, habilidades e afeccións.

A continuación, falounos dunha das súas paixóns: o procedemento para sementar.

É moi sinxelo. Repartiunos luvas para botar a terra nas macetas.

Despois, engadimos as sementes e, por último, auga.

Tamén decoramos as luvas e xogamos con elas.

Grazas Lucas e familia por unha experiencia tan divertida!

Post relacionados