Coñecemos mellor a María, a nosa protagonista durante a semana do 18 ao 24 de novembro.
María veu acompañada da súa nai, Raquel.

Primeiro, vimos unha pequena presentación no ordenador sobre María, a súa familia e as súas afeccións.

A continuación, empezamos a nosa sesión de baile coa coñecida canción “Tutu” de Camilo e Pedro Capó, onde demos renda solta aos nosos pasos de baile moderno.
De seguido, para relaxarnos un pouco, escoitamos música para ballet e vimos algúns pasos.

E, para rematar, escoitamos as cancións “Teléfono” de Aitana e “El Anillo” de Jennifer López, onde descubrimos unha María en grao sumo como bailarina.

Que ben o pasamos e como movemos o esqueleto!
Bailamos ballet, hip-hop e baile moderno!

Moitas grazas a María e a súa familia!