O noso cantante, agricultor, artista e ASTRONAUTA

Mario veu, á escola, acompañado polos seus pais, Macarena e Juanjo, e polos seus irmáns pequenos, Esteban e Aitana.

Ensináronos fotos das habilidades de Mario.

A gran afección de Mario é o espazo. Por iso, representáronos un teatro explicando o Big Bang e a formación do Universo. Despois, co seu sistema solar, puidemos ver os distintos planetas e como xiran ao redor do sol.

Falamos dos volcáns. Mario contounos que, ata hai pouco, se pensaba que o maior volcán do Sistema Solar era o Olimpus Mons en Marte. Sen embargo, investigacións recentes revelaron que o Macizo Tamu, un volcán somerxido 1.600 quilómetros ao este de Xapón é o máis extenso. Vimos como entraba en erupción o noso propio volcán.

 E fixemos a nosa propia masa espacial!

Mario explicounos uns libros que trouxo sobre o espazo, planetas, astronautas, foguetes espaciais…

Levamos á casa masa espacial; e Mario regalounos unhas galletas, con debuxos relacionados co espazo, feitas por el coa axuda das súas tías.

Que ricas, encantáronnos!

PASÁMOLO XENIAL!

MOITAS GRAZAS!