“Especialista en karate”
Marta veu acompañada da súa nai e do seu irmán Brais. A gran habilidade de Marta é facer karate. Primeiro, ensinounos a indumentaria propia do karate e explicounos que hai diferentes cores de cinto dependendo da dificultade.
Fixemos un quecemento, e logo Marta e Brais fixéronnos unha demostración de “katas” e nós copiámolas.
Por último, veu Antonio e fixemos moitos xogos: carreira de troncos, o mundo ao revés, xogos con aros…
Pasámolo en grande!
Grazas a Marta e á súa familia!