Protagonista: Noa

Mergúllate connosco!

Noa, primeira protagonista da semana, veu acompañada dos seus pais. Ensináronos cousas sobre as afeccións de Noa que son mergullarse e pescar co seu pai e coa súa irmá.

Mostráronnos fotos de Noa mergullándose. E ata puidemos coller unha bombona de osíxeno dun equipo de mergullo de verdade!

Noa tamén ten a gran habilidade de manexar a linguaxe de signos.

Con axuda da súa nai Lorena fixemos, con signos, o abecedario e o noso nome.

Pasámolo xenial! Moitas grazas.

Post relacionados

O noso período de adaptaciónO noso período de adaptación

Aquí vos deixamos un pequeno resumo dos nosos primeiros días no “cole de maiores”. Non vos desilusionedes se os vosos fillos e fillas saen poucas veces, pois non a todos e todas nos gusta saír e posar nas fotos por igual, mais todos e todas somos unha peza moi importante deste gran puzzle que formamos no equipo da nosa aula.

Esperamos que vos guste ver os nosos primeiros pasiños nesta gran aventura!