“Sara a pasteleira”
Sara veu á escola acompañada dos seus pais.
Ensinounos como toca o piano, e a súa gran afección que son os dinosauros. Puidemos xogar coa súa colección.


Despois de decorar o noso propio gorro, fixemos un pastel de chocolate, natillas e galleta e adornámolo con “superheroes”!
Que rico!




Pasamos unha tarde estupenda.
Grazas Sara e familia!



