Protagonista: Sarah

Unha gran bailarina

Sarah foi a protagonista na semana do 20 ao 26. Veu acompañada pola súa nai, Jenni.

O que máis lle gusta é cantar e bailar, aínda que esa tarde só bailamos.

Mentres Sarah e dúas amigas bailaban, o resto aprendiamos os pasos que tiñamos que facer.

A continuación, soa unha das súas cancións favoritas:

“Lo malo”, e todos… a bailar!

Seguimos con…”Dance Monkey“!

E, para terminar, practicamos a canción do día de Paz.

Moitas grazas a Sarah e familia!

Post relacionados

8M Día da muller8M Día da muller

Aproveitando os proxectos iniciados no mes de marzo na etapa de Infantil, cada curso investigou acerca de mulleres importantes en diferentes ámbitos. Os alumnos de 3 anos investigaron artistas participantes no museo ao aire libre das Meninas de Canido, no curso de 4 anos indagaron sobre inventoras galegas, e en 5 anos coñeceron mulleres pioneiras.

(máis…)