“Un neno con moitas aptitudes”
Na súa semana como protagonista, Sebas veu acompañado dos seus pais e da súa irmá pequena.
Amosounos que ten grandes habilidades: cociñeiro, debuxante, lector, monta coches, conta chistes…
E, tamén, fai crebacabezas de moitas pezas. Na aula compartiu algúns, dos moitos que posúe, con nós e axudounos a facelos.
Finalmente, como lle gusta o fútbol, realizamos un pequeno adestramento.
Canto gozamos!
Grazas Sebas e familia!