Un día de fútbol
Sebas veu cos seus pais (Waleska e Miguel). Falounos dos equipos da liga española e ensinounos as posicións dos xogadores dun equipo de fútbol. Logo, fixemos un adestramento como os que fai el co seu equipo, o Racing de Ferrol.
Cando rematamos o quencemento co mellor adestrador que podiamos ter, xogamos un partido.
Gozámola!
E, para rematar, repuxemos forzas cuns cupcakes fabulosos, obra da nai de Sebas.