Unha gran ximnasta
Valeria foi a nosa protagonista desta semana. Gozamos moito coa súa habilidade: A ximnasia rítmica.
A súa nai Alba e máis ela fixéronnos unha clase do máis completa, dende estirar ata bailar o aro ou a cinta.
Encantounos!





Ademais, Valeria e o seu pai, Borja, fixeron unha demostración dos trucos ximnásticos que fan a dúo. Todos queriamos probar!
Despois, presentounos á súa curmá Andrea (moitos xa a coñeciamos) e contounos que lle gustaba era xogar con ela aos “pin y pons” e quixo compartilos con todos.
Para rematar, collemos forzas cunha torta, riquísima, da avoa. E aproveitando a data, cuns terroríficos dedos de bruxa feitos de galleta…
Moi bos!

