O gran futbolista: XABI
Na súa semana como protagonista, Xabi veu acompañado polos seus pais e a súa irmá Erea.

Xuntos fixemos un adestramento moi duro: primeiro, un circuíto; e despois, tiramos uns penaltis.




Para rematar, organizamos dous equipos e xogamos un partido. Buf! Acabamos esgotados! Menos mal que Xabi e a súa familia trouxéronnos unhas “barras enerxéticas” moi saborosas.


Moitas grazas familia!