Proxecto 4 anos: Os Masai

Este trimestre, os nenos e nenas de 4 anos voamos a África e coñecemos un país chamado Kenia.

Alí, entre a paisaxe da sabana, descubrimos os animais salvaxes e o seu ciclo da vida, a valente historia de Wangari Maathai, e a cultura Masai.

Asombrados pola súa forma de construír as súas casas, intentamos imitalos.

Quedáronnos tan xeniais que fixemos unha exposición.

[ezcol_1half][/ezcol_1half] [ezcol_1half_end][/ezcol_1half_end]

Esperamos que vos guste!

Post relacionados