Di o refrán: “O prometido é débeda”. Por iso, seguimos co noso desexo de contarvos todo o que aprendemos coa elaboración deste proxecto.
Clasificamos diferentes tipos de alimentos segundo nos aportasen: vitaminas, proteínas, hidratos de carbono, calcio, graxas…


Elaboramos un menú saudable.
Copiamos moitos hábitos saudables que debemos ter en conta para unha boa nutrición, así como os distintos pasos para poñernos a cociñar.
Fixemos unha cara dun boneco con diferentes alimentos, unha acuarela, un mandil de Nadal e un gorro de cociñeiro.


Por último, no taller de cociña: un bocata con cariña de reno e un Papá Noel de plátano, fresa e uva.
ESTABA RIQUÍSIMO!
Gozamos a tope, e sempre aprendemos!